Á beira do Miño
era abril sen primavera,
esfollando a rosa máis bela;
como quen apaga a luz a unha
estrela.
Buscando motivos para
poder escribir, rezando ao
esquecemento para vivir, non atopo
sorriso que me faga feliz.
Á beira do Miño
ante a dor, un grolo de orujo
á luz dun farol;
historias de meigas, de duendes,
e ficción, a alegría marchita
de tanto soñar e os ollos húmidos
por chorar.
No seu centro, pola súa canle
brota vida en todas partes e
como colofón a despedida dun
amor que se retira, márchase
xa sen présa, polo medio das
árbores dille ao Miño adeus.
(Dedicada a ese fermoso río
galego, sen dúbida, parte
importante na vida de moitas
persoas)
Autor : Martin Lunary