IN MEMORIAM A tódalas vitimas da guerra civil
Quedaron viúvas con nenos,
vellos pais sen os seus fillos,
delongados berros nos ventos,
na desolación salferidos,
ante a impotencia dos feitos,
quedaron.
Quedaron os sucos tinguidos,
tinguida a lentura da terra,
co sangue en corpos escollidos,
por mor da arela en que se fixera,
da solobreguedade os brilos,
quedaron.
Quedaron silenzos nos montes,
desenganos na alma confiada,
por suíños seren as fontes,
na taima en veren acaladas,
palabras de donas e homes,
quedaron.
Quedaron corpos soterrados,
coma animais en desprezo,
entre as mestas tebras xulgados,
pola imnata querencia en vezo,
á terra da que foron nados,
quedaron.
Quedaron eitos, quedaron prados,
vieiros , cunetas, quedaron
sangantes paredes, valados,
de veros corpos que coligaron,
por tempos en Galicia floreados,
quedaron.
Quedaron inherentes á terra,
coa vasca na mente anhelada,
á fin aflorase a nova era,
nunha lucidía alborada,
sen sombras cá ennegrecera,
quedaron.
Quedaron foxos acubillados,
aloxando corpos inmolados,
sobor deles quedaron prantos,
corazóns na dor escachados,
na sin razón de ve-los matados,
quedaron.
Quedaron feridos os ventos,
ollando nos aldraxados corpos,
sufrindo a sevicia dos feitos,
na teimosía teimuda doutros ,
en ve-los a berros desfeitos,
ANA ARIAS SAAVEdra